Sistema cristalino
Os sistemas cristalinos son os diferentes grupos nos que se poden clasificar os minerais segundo a relación que manteñen entre eles os eixos e os ángulos da súa cela unidade.
Características
[editar | editar a fonte]Unha cela unidade é un paralalepípedo definido por 6 parámetros (a,b,c,α,β,γ) que constitúe a unidade máis pequena que pode describir a estrutura cristalina interna dun mineral.
Tódolos minerais presentan a propiedade común de estar ordenados estruturalmente en celas unidade, aínda que só algúns, e se se dan as condicións adecuadas, mostran este ordeamento de forma externa. Así pois, segundo as relacións que manteñen entre si os parámetros antes mencionados, existen 7 sistemas cristalinos diferentes.
Tipos
[editar | editar a fonte]Os 7 sistemas cristalinos son:
Sistema cristalino | Eixos | Ángulos entre eixos |
---|---|---|
Cúbico | a=b=c | α=β=γ=90º |
Tetragonal | a=b≠c | α=β=γ=90º |
Hexagonal | a=b≠c | α=β=90º; γ=120º |
Romboédrico (ou trigonal) | a=b=c | α=β=γ≠90º |
Rómbico (ou ortorrómbico) | a≠b≠c | α=β=γ=90º |
Monoclínico | a≠b≠c | α=γ=90º; β>90º |
Triclínico | a≠b≠c | α≠β≠γ≠90º |
En función das posibles localizacións dos átomos na cela unidade establecéronse 14 estruturas cristalinas básicas denominadas redes de Bravais.